Vox suspende un senador acusado de violencia machista
Publicado o 19/02/2020 20:57
Vox suspende de militancia un senador acusado de violencia machista. A Garda Civil denunciou a Juan Ros Alcaide por unha presunta agresión á súa muller.
Ros Alcaide é senador por Ceuta e forma parte da Comisión de Seguimento do Pacto sobre Violencia de Xénero. De momento, o senador non renunciou ao seu escano.