CRTVG

Buscar

Vox rompe co PP pola declaración de Abascal como persona non grata en Ceuta

Publicado o 27/07/2021 09:16

Vox rompe relacións co Partido Popular por absterse na declaración de Santiago Abascal como persoa non grata en Ceuta. A polémica prodúcese cando as enquisas lle dan a Vox unha tendencia á baixa de votos que capturan os populares.

No centro do furacán, o presidente de Ceuta Juán José Vivas, quen reiterou que Abascal "viaxou a Ceuta para romper a unidade de acción e perturbar a convivencia". Para Vox, estas declaracións son unha estratexia de demonización do partido. A dirección do PP intenta rebaixar a tensión pero non desautoriza o presidente ceutí.

Noticias web

27/07/2021