Vox retira as súas demandas sobre a lei LGTI e desbloquea a investidura en Murcia
Publicado o 19/07/2019 15:32
En Murcia, PP, Ciudadanos e Vox chegaron a un acordo para desbloquear a investidura. O pleno para facer presidente da comunidade o candidato popular Fernando López Miras celebrarase, previsiblemente, antes de que remate xullo.
Finalmente, PP e Ciudadanos aceptaron a proposta de Vox, despois de que os de Abascal retiraran do documento a esixencia de reformar a Lei de igualdade LGBTI. Manteñen, iso si, outros puntos como o de incrementar a inspección educativa para evitar o adoutrinamento nas aulas.
Fernando López Miras declarou aos medios que asume plenamente o documento remitido por Vox ao comprobar que "son perfectamente compatibles e complementarias co acordo de goberno asinado con Ciudadanos".