Vox impide a investidura do candidato do PP en Murcia na primeira votación
Publicado o 02/07/2019 20:40

O candidato do PP ao Goberno de Murcia, Fernando López Miras, non conseguiu o apoio do Parlamento rexional para ser investido presidente polo voto en contra dos catro deputados de Vox. López Miras recibiu o apoio dos 16 deputados do seu grupo e os 6 de Ciudadanos, co que se quedou a un voto dos 23 que require a maioría absoluta da Cámara. Esa circunstancia obriga a unha nova convocatoria de votación para as 19.30 horas deste xoves, na que podería ser proclamado presidente para esta décima lexislatura se obtén xa, nesa ocasión, maioría simple.