CRTVG

Buscar

Voos cancelados en Galicia con destino Lazarote e As Palmas

Publicado o 23/02/2020 21:25

O domingo á tarde, moitos pasaxeiros facían ringleira fronte ao mostrador de Ryanair no aeroporto da Lavacolla. Esperaban unha solución da compañía.
Estaba previsto que o seu voo cara a Lanzarote partise de Compostela ás cinco menos vinte da tarde. Quedaba cancelado unha media hora antes da saída por causa da tormenta de po e vento.
Con isto, moitos tiñas que cambiar os seus plans; uns emprendían desde aquí as vacacións, outros tiñan que regresar ao traballo, algúns decidían pedir o reembolso dos cartos e a maioría buscaba outro voo.
Marisol pasou uns días de descanso en Galicia e regresaba hoxe á casa... Pero terá que esperar uns días. Marchará a partir do martes da semana que vén.
Tamén se viron afectados os voos de chegada e de saída cara ás Palmas de Gran Canaria desde o aeroporto de Peinador.

Noticias web

23/02/2020