CRTVG

Buscar

Volveu a neve ao Deza

Publicado o 05/12/2020 20:08

Boa parte do Deza amencía hoxe cuberta de neve. O branco igualaba as leiras, mesmo as aldeas. Contábase con que só nevase onte, pero as nevadas continuaron hoxe tamén. En Rodeiro había anos que non acordaban un temporal así. 

Malia que tiveron que extremar as medidas de precaución ao circular, os veciños cos que falamos están ben contentos con esta nevarada.

Aproveitando o día, e a reapertura perimetral acabada de estrear, foron moitos os composteláns que se achegaron ata a zona para divertirse xogando na neve.Nas estradas producíronse varias saídas da vía, entre elas a dun camión de recollida do leite, unha furgoneta e varios turismos.Por iso, a DXT recomenda extremar as precaucións polo xeo e pola neve. De feito, á altura de Lalín está prohibido o paso de camións e de vehículos articulados.Para mañá espérase auga e que aumenten algo as temperaturas.

 

 

Noticias web

05/12/2020