CRTVG

Buscar

Volveu a Bundesliga e amosou como é o novo fútbol

Publicado o 16/05/2020 20:55

Estadios sen público, sen celebracións e con goles, con Haaland como referente

Este é o son do novo fútbol. Silencio enxordecedor. E esta é unha das imaxes, a dun banquiño con metro e medio de separación entre os seus compoñentes. O Borussia Dortmund Schalke 04 foi o partido estrelña do retorno do fútbol de alto nivel, o da Bundesliga.

O interior do estadio era desolador e que dicir dos exteriores do Signal Iduna Park. Unha improvisada pachanga entre afeccionadas contastaba co xesto aburrido dos gardas de seguridade. Os autobuses chegaron ao recindo do partido con enorme discreción. Primeiro os do Shalke 04. Despois dos do Burussia Dortmund. Algúns reporteiros gráficos recollían ese momento.

As medidas de distanciamento social tamén impiden que os bares sexan o tradicional refuxio dos afeccionados. Preto do estadio acomodábanse algúns afeccionados do Borussia Dortmund para seguir este retorno á competición. Os equipos sairon áo campo por separado e os goles case non se celebraron. Pero hai cousas que non cambian. As barreiras son como sempre, houbo loita polos balóns divididos e goles, co convencemento de que mentres queden xogadores como Erling Haaland o fútbol nunca morrerá. El marcou o primeiro do 4-0 final para o Borussia que escribiu a páxina inicial dun libro, agardemos que moi breve, chamado novo fútbol.

Noticias web

16/05/2020