Vólvese viral o vídeo dun piloto cando aterra na Coruña
Publicado o 04/05/2021 15:27
Un piloto que aterraba na Coruña compartiu nas redes sociais ese momento cos seguidores. E o resultado é espectacular.
Un vídeo que leva xa máis de sete mil reproducións e que amosa a beleza da aproximación ao aeroporto de Alvedro e como toma terra.