CRTVG

Buscar

Volveron os rallys nas Canarias cun cuarto posto do galego Cándido Carrera

Publicado o 28/06/2020 09:58

O Rally Villa de Santa Brígida foi a primeira proba que se celebrou despois do confinamento. Foi nas Illas Canarias e coa participación do galego Cándido Carrera, que este ano será o copiloto de Emma Falcón. 

O triunfo foi para Yeray Lemes, con Luis Monzón a 38 segundos. O Citroen C3 de Falcón e Carrera perdeu 2:11 nos sete treitos disputados. 

Noticias web

28/06/2020