CRTVG

Buscar

Volven subir os casos activos tras o maior número de positivos do último mes

Publicado o 25/06/2021 21:36

• Os casos soben en todas as áreas sanitarias, agás na de Ferrol (-12)

• A positividade supera o 5 % por primeira vez en catro meses

 

Volven subir os casos activos tras o maior número de positivos do último mes

Nos últimos dous días Galicia rachou cunha serie de tendencia descendente e incrementou o seu número de casos en 108. Hoxe o Sergas notifica que hai 1.377 persoas con coronavirus no país, 72 máis ca onte, tras 156 novos positivos. É o maior aumento de casos dende o 12 de xuño.

Por áreas sanitarias, a repartición é a seguinte:

A Coruña: 484 (+6)

Ferrol: 67 (-12)

Lugo: 191 (+18)

Ourense: 150 (+4)

Pontevedra: 152 (+24)

Santiago: 125 (+13)

Vigo: 208 (+19)

A ocupación sobe en planta, pero baixa en UCI

Nos hospitais a situación é moi semellante a onte. Hai 46 persoas ingreadas: 35 están en planta (+2) e 11 nas UCI (-1). As cifras en coidados intensivos volven marcar un novo mínimo en dez meses.

Na xornada de hoxe o Sergas non notificou falecementos. Porén, hai que lamentar o pasamento dunha muller de 72 anos onte por mor da covid-19. A cifra de vítimas no que vai de pandemia mantense nos 2.435.

Por riba do 5 % tras catro meses

Galicia volve superar o limiar do 5 % na taxa de positividade das PCR por primeira vez en catro meses. Das 3.053 probas PCR realizadas, deron positivo 156, o maior número do último mes.

Mapas de incidencia por concellos