CRTVG

Buscar

Volven subir os casos activos en Galicia e os contaxios novos superan os douscentos

Publicado o 22/09/2020 14:20
Volven subir os casos activos en Galicia e os contaxios novos superan os douscentos

Galicia rexistra hoxe 4.350 casos activos. É dicir, recupera os 46 casos que perdera o día anterior. Os novos contaxios volven subir por riba dos 200: son 219 nas últimas 24 horas.

Por áreas sanitarias, destaca o descenso na Coruña e as subas en Pontevedra e Vigo.

• 1114 (-34) na Coruña

•  687 (-2) en Lugo

•  551 (+10) en Ourense

•  702 (+35) en Pontevedra

•  489 (+32) en Vigo

•  627 (+2) en Santiago

•  180 (+3) en Ferrol

No que respecta ás defuncións, a última persoa falecida en centros hospitalarios foi un home de 82 anos que morreu no Complexo Hospitalario de Ourense e que presentaba patoloxías previas. A cifra total de falecidos por coronavirus en Galicia ascende a 721.

Canto aos hospitalizados, mantéñense en 32 as persoas ingresadas en UCI, pero soben ata 214 (+3) as que están sendo atendidas en planta; 4.104 enfermos están sendo tratados nas súas casas. 

O último parte do Sergas notifica unha morte máis con respecto a onte e 172 curados máis.