CRTVG

Buscar

Volven subir os casos activos e a presión hospitalaria, baixan os positivos detectados

Publicado o 12/04/2021 10:10

• Aumentan os casos nas áreas de Ourense, Pontevedra e Ferrol

• A taxa de positividade descende por debaixo do 2 %

Volven subir os casos activos e a presión hospitalaria, baixan os positivos detectados

Cuarta xornada de suba dos casos activos en Galicia. Segundo o Sergas, hai 2.316 persoas enfermas de covid-19, 11 máis ca onte.

Houbo 126 positivos novos respecto a onte, dos cales 113 foron a través de probas PCR.

Por áreas sanitarias, os casos repartiríanse así:

A Coruña: 616 (=)

Vigo: 599 (-15)

Ourense: 186 (+10)

Santiago: 355 (-2)

Lugo: 157 (-1)

Pontevedra: 327 (+12)

Ferrol: 76 (+7)

Repunta na presión hospitalaria

En paralelo aos lixeiros ascensos nos casos, apreciamos un incremento da presión asistencial nos últimos catro días. Con todo, aínda é cedo para determinar cal é o balance da Semana Santa: os contaxios producidos nesa datas poden tardar ata dúas semanas en diagnosticárense e o incremento na presión asistencial tardaría aínda uns días máis en manifestarse nos datos.

Os últimos datos rexistran un aumento en 13 do total de persoas hospitalizadas, ata as 185: 155 en planta (+10) e 30 nas UCI (+3).

A cifra de vítimas por mor da pandemia mantense en 2.368, ao non notificarse ningún pasamento nas últimas 24 horas.

Baixa a positividade

No que respecta áss probas PCR, fixéronse 6.688 (-184), das cales deron positivo 113. Isto revela unha taxa de positividado do 1,69 %, algo menor que a rexistrada nos últimos días.

Mapas de incidencia acumulada