Avistan tres novos xabarís nunha das rúas con máis comercio e tráfico de Lugo
Paseando tranquilamente polo centro de Lugo. Así foron gravados estes 3 porcos bravos. Nin os coches nin os numerosos transeuntes que pasaban pola zona intimidaban estes animais que cada vez con máis frecuencia se deixar ver na cidade.
A pregunta é por que é cada vez máis frecuente a presenza de porcos bravos na cidade?
"A situación paisaxística favorece moito o xabaril, o millo, o uso forestal actual.Sábese que o xabaril foxe dos sitios onde está perseguido; nas cidades teñen máis calor e non se ven perseguidos", di o ex-profesor do departamento de Zooloxía da USC Manuel Pardo.
A Xunta de Galicia e o Concello de Lugo traballan na posta en marcha dun plan para controlar as poboacións de xabarís que andan polas cidades. Un plan que inclúe a colocación de gaiolas e a roza dos lugares onde se refuxian, así como as polémicas esperas nocturnas levadas a cabo por arqueiros.
Dende a Plataforma pola Convivencia Ética coa Fauna Silvestre pídese un estudo científico rigoroso sobre os comportamentos do xabaril e un plan integral que priorice medidas preventivas.