CRTVG

Buscar

Volven os viaxeiros as gasolineiras e os restaurantes da Gudiña tras o levamentemento do peche perimetral

Publicado o 10/05/2021 14:40

O remate do peche perimetral das comunidades co decaemento do estado de alarma incrementou o movemento de viaxeiros entre Castela e Galicia. Notouse na A-52, unha das principais entradas a  nosa comunidade dende a meseta.

Moitos aproveitaron para  vir ver a familia ou a segundas residencias. Os máis beneficiados  desta volta de viaxieros son os locais de hostalería e as áreas de servizo de concellos como o da Gudiña, zona de paso obrigado.

Aquí celebran a apertura con medo a aunha volta a trás. Para evitalo compre lembrar que  todo os que veñan dunha zona cunha alta incidencia deben incribirse no rexistro obrigatorio de viaxeiros nun prazo máximo de 24 horas.