CRTVG

Buscar

Volven multar varios condutores por acceder cos coches a praias de Cangas

Publicado o 20/07/2020 15:10

Sinais prohiben o acceso a un total de 33 praias en Cangas. Só poden facelo autorizados e residentes. Con todo, esta fin de semana a policía volveu multar moitos condutores.

Só hai catro praias onde o acceso co noso vehículo está permitido. E é aquí onde se producen os maiores problemas. Sobre todo na baixada de Viñó que vai a Barra. A partir de hoxe este areal tamén terá prohibido o seu acceso en coche.

Nesas denuncias tamén se inclúen as parcelas que alugan de maneira irregular o espazo a autocaravanas e furgonetas.

A vixilancia vaise incrementar tamén durante a semana para seguir controlando así a ocupación das praias para garantir a seguridade.

Dende o Concello aseguran que a saúde das persoas está por encima de todo.

Noticias web

20/07/2020