CRTVG

Buscar

Volven intentar o calote do envío por DHL, desta volta nunha residencia de maiores de Betanzos

Publicado o 02/10/2020 15:24

Esta mesma semana producíase un intento de estafa en varios hoteis de Ferrolterra co calote que simula un falso envío a través dunha empresa de paquetería.

Malia que a compañía DHL advirte na súa web de que se está a empregar o seu nome de xeito fraudulento, segue a haber quen a través dunha chamada telefónica solicita un pago para poder entregar ese presunto paquete.

Hoxe soubemos que a estafa tamén se intentou poñer en práctica en prexuízo dunha residencia de maiores de Betanzos. Neste caso dun xeito algo máis sofisticado, pois a primeira chamada que recibiron alí foi a dun suposto inspector de Sanidade que anunciaba unha inminente visita. Nela tiña previsto recoller uns documentos que, aseguraba, recibirían a través desa mesma empresa de mensaxería. Por sorte, o persoal da residencia sospeitou do procedemento e puxo os feitos en coñecemento da consellería e da Garda Civil.

Noticias web

02/10/2020