CRTVG

Buscar

Volven as visitas á cova do Rei Cintolo, en Mondoñedo

Publicado o 28/03/2021 14:49

O grupo de hoxe está formado por un papá, un fillo e outros dous amigos. As covas pódense visitar a partir de ter os once anos. Estes cativos teñen doce, cursan primeiro da ESO e a visita de hoxe é toda unha aventura espeleolóxica.

Tras poñer as medidas de protección e camiñar uns trescentos metros por unha pasarela de madeira chegamos á cova. No interior, silencio, humidade, morcegos, estalactitas e estalagmitas. Un exemplo práctico do que estudan nos libros.

As covas do Rei Cintolo reciben cada ano máis de dúas mil vistas debido ao seu elevado interese espeleolóxico.

En tempos de covid, con tapabocas e gardando a distancia, a visita da cova semella ser unha actividade segura.

Noticias web

28/03/2021