CRTVG

Buscar

Volven as viaxes ás illas Cíes e Ons a partir do 20 de xuño

Publicado o 10/06/2020 14:54

Os teléfonos das navieiras non paran de soar. Son moitos os que están desexando desescalar poñendo os pés nun dos paraísos naturais máis demandados polos turistas, as Illas Atlánticas. As viaxes ás Cíes e Ons reanudaranse o 20 de xuño. A central de reservas abrirase esta semana para solicitar a autorización. A considerada a praia máis bonita do mundo estará outra vez ao noso alcance.

De novo os barcos volverán trasladar os turistas ás illas pero a imaxe será moi diferente. A bordo estremaranse as medidas hixiénicas e gardarase a distancia de seguridade. No que respecta aos cupos, manteranse as cifras do Plan reitor de usos e xestión.

Destinos que volven recibirnos para agasallarnos coa súa beleza e onde moitos están desexando deixar a súa pegada de desconfinamento.

Noticias web

10/06/2020