CRTVG

Buscar

Volven as traiñeiras, con tres embarcacións galegas: Cabo de Cruz, Ares e Tirán

Publicado o 30/06/2021 15:46

E esta fin de semana comeza a festa da Liga ACT. Volven as traiñeiras. Volve a maxima competición. O desafío dunha liga en que volven estar tres embarcacións galegas. Cabo de Cruz, Ares e Tirán. Tirán regresa. Cabo e Ares mantiveron a categoría. A Coruña acolle este sábado a primeira regata. No ámbito feminino non haberá representación galega.

Cabo da Cruz é o mellor club galego dos últimos anos na ACT. Esta será a oitava temporada consecutiva na elite. Cambia o adestrador. Marchou Benigno Silva e volve Gustavo Vázquez, un home da casa, que entra cunha quimera.

A última que gañou Cabo foi no 2018. Unha bandeira será o gran reto dun club que saca traiñeira na ACT, pero tamén na Liga galega masculina e feminina, algo extraordinario.

 

 

Noticias web

30/06/2021