Volven as PCR masivas á área de Vigo para frear a expansión do virus
Publicado o 11/07/2021 13:50
Cando empezabamos a esquecer imaxes de colas, volven aos puntos COVID−19 de Vigo. A área alcanza case o milleiro de infectados. Tamén volverá estar operativa polas tardes a covid-auto do Meixoeiro.
Os responsables apuntan que as porcentaxes de positivos nos cribados están medrando, sobre todo entre a xente moza, e alertan do importante que é non prescindir da máscara.
Só unha terceira parte dos mozos acode aos cribados aleatorios, moi importantes para cortar a circulación do virus.
Despois duns meses máis tranquilos e da relaxación de medidas en determinados ámbitos, a situación sanitaria volve preocupar na bisbarra de Vigo.