CRTVG

Buscar

Volve o turismo á Ribeira Sacra, e con moi boas previsións

Publicado o 16/06/2020 20:29

Desde esta semana os catamaráns das deputacións de Lugo e Ourense volven percorrer os cañóns do Sil e a ruta entre Os Peares e Belesar. É un dos atractivos da Ribeira Sacra, a xoia do interior de Galicia. A nova normalidade obriga a usar máscara na embarcación, e a limitar o número de pasaxeiros. Pero nada impide dwsfrutar da paisaxe.

O resto de embarcadoiros estanse preparando tamén para empezar as viaxes a partir do un de xullo. Din que teñen reservas desde antes da pandemia, que se os clientes van aprazando ata que poidan vir.

Máis lentamente que as zonas costeiras, pero a Ribeira Sacra vaise reactivando. En xullo tamén se poñerá en marcha de novo o servizo turístico de globos aerostáticos que sobrevoan a zona. A data dos primeiros voos está pendente de ser confirmada pola empresa madrileña que xestiona a oferta turística, pero a intención é programar voos todos os días.

Noticias web

16/06/2020