CRTVG

Buscar

Volve o tren celta entre Vigo e O Porto cunha das súas frecuencias a partir deste sábado

Publicado o 30/04/2021 19:47
Volve o tren celta entre Vigo e O Porto cunha das súas frecuencias a partir deste sábado

Volve o tren Celta entre Vigo e O Porto, que levaba suspendido desde o mes de xaneiro . A única vía de comunicación ferroviaria en tren entre Galicia e o norte de Portugal, quedara interrompida ao pecharse as fronteiras para tratar de evitar a entrada de máis contaxios. Comboios de Portugal recupera este sábado unha das dúas frecuencias existentes desde antes da pandemia