CRTVG

Buscar

O Ministro Uribes anuncia que poderá haber público en Balaídos e no Anxo Carro

Publicado o 12/05/2021 19:37

• Será con un 30% da capacidade do estadio e un tope de 5.000 espectadores (público local)

O Ministro Uribes anuncia que poderá haber público en Balaídos e no Anxo Carro

O Ministro de Cultura e Deportes, Rodríguez Uribes, anunciou que a vindeira xornada haberá público nos campos de Primeira e Segunda División segundo a fase na que se atopen as Comunidades Autónomas. 

De Galicia dixo que estaba nunha boa situación epidemiolóxica co que tanto no Anxo Carro como en Balaídos poderá entrar público para gozar das últimas xornadas do campionato.