Volve o consumo nas barras dos bares despois de ano e medio
Publicado o 23/10/2021 15:01
Máis de ano e medio despois volven as conversas, as xuntanzas e o consumo nas barras do bares. E xa había moita gana, era unha medida moi agardada polo sector da hostalería e tamén pola clientela, que botaba en falta o espazo da barra.
A fin da situación de emerxencia permite, por fin, relaxar as medidas na hostalería, que recupera o 100 % da ocupación tamén dentro. Con todo, seguen as máscaras no interior e a distancia interpersoal.
A partir de agora de venres a domingo os bares poderán abrir ata a unha e media da mañá. E queda un último empurrón, din, para recuperar a vida que coñeciamos como normal.