CRTVG

Buscar

Volve o balbordo das feiras; en Ferrol montan as primeiras atraccións

Publicado o 07/06/2021 15:03

A espera foi longa e, despois de máis dun ano de parada e incerteza, a emoción e as maniotas marcan a volta ao traballo.

"Eu a verdade é que estou agarrotado, despois de tanto tempo xa non me acordaba como se montabab unha atración, pero temos moitas ganas de saír, asegura un dos donos das atraccións que se están a montar en Ferrol. 

Son as primeiras que se montan na nosa comunidade grazas a un protocolo moi definido no que a diversión e seguridade van da man. Falan dun respiro despois dun ano moi duro no que a súa vida se paralizou por completo.

Din que esta primeira montaxe servirá tamén de banco de probas para outras feiras e festexos que se poidan celebrar este verán. Por iso esperan que os concellos aposten por unha actividade segura que devolve vida e felicidade a vilas e cidades.

Á espera de que volvan as festas e verbenas, estas dez atraccións quedarán de maneira permanente nos Cantóns de Molins ata o 30 setembro.

Noticias web

07/06/2021