CRTVG

Buscar

Volve abrir a hostalaría en Lugo ata as once da noite

Publicado o 12/12/2020 21:33

Había algo máis dun mes que en concellos coma o de Lugo a partir das cinco da tarde xa non era posible tomar nada en ningún local de hostalaría. Este sábado a cidade pasou ao nivel medio de restricións e, malia que o municipio continúa pechado perimetralmente, os bares e restaurantes xa poden abrir ata as once da noite. 

Campo Castelo é unha das zonas de Lugo en que máis presta tomar algo: está pechada ao tráfico, ten un pequeno parque e hai terrazas. Hoxe ocupadas na metade da súa capacidade. No interior dos bares a ocupación permitida é dun corenta por cento.

Carlos ten 88 anos e hai trinta que é cliente deste bar do Campo Castelo. Ese mesmo espírito solidario compárteno outros clientes, pero tamén nos recoñecen que había ganas.

Jose é o xerente do bar. Está contento de poder traballar pero tamén preocupado.

A poucos metros do local de Jose está o de Alesandra. 

Nunha cervexaría, os clientes agradecen poder alongar a sobremesa.

Se ben as restricións axudan ao control da pandemia, os sector da hostalaría sentiuse moi prexudicado polas medidas adoptadas.

Seguimos no Campo Castelo. Agora falamos co dono dun restaurante. Óscar considera que as axudas que recibiu o sector son insuficientes.

A esperanza do sector baséase na vacina.

Noticias web

12/12/2020