CRTVG

Buscar

Regresan as feiras medievais co mercado de Mondoñedo esta fin de semana

Publicado o 15/08/2021 14:32

Organizar un evento como esta feira no tempo de pandemia ten o seu aquel, pro había que facelo.

Dende primeiras horas da mañá, xa se abrían os postos. Levan moito tempo sen traballar e para eles este evento é moi importante, o mesmo lles pasa aos encargados da animación e os espectáculos que aledan as rúas.

Veciños e visitantes esperaron toda a mañá este momento, a celebración da voda polo rito mozárabe, con Alfonso VII e dona Urraca como testemuñas.

Esta tarde continúan as actividades, con pasarúas, maxia e o verán miudiño, ambientado na Idade Media

Noticias web

15/08/2021