CRTVG

Buscar

Volve a Galicia Fernando Rivero, un dos camioneiros que quedaran bloqueados no Reino Unido

Publicado o 29/12/2020 20:02

Un deses milleiros de camións que quedaron atrapados a semana pasada no Reino Unido era o de Fernando Rivero. Un condutor de Porto do Son que acabou pasando a Noiteboa dentro do camión nunha estrada francesa.

"Despois do pesadelo que foi o Reino Unido, pasei a Noiteboa nunha estrada de Francia e o día de Nadal de camiño para descargar en Murcia."

Agora Fernando deulle a remuda ao seu compañeiro, que levará o camión de Almería ao Reino Unido. El, mentres tanto, viaxa cara a Galicia para poder pasar a Noitevella e o Aninovo coa familia. O único que lle preocupa é que vai pasar despois do brexit.

"A ver como é o ano que vén no Reino Unido. De momento aínda non se sabe nada de como quedará o tema das mercadorías".

E como bo galego retranqueiro, Fernando aproveita para mandarlle unha mensaxe aos ingleses e ao mesmo tempo desexar bo Nadal.

"E ao Reino Unido dicirlles que the faquer es nader fider mare mide moder, felices festas para todos, unha aperta moi grande".

Pois quedou ben claro. Feliz ano para todos os camioneiros que nos seguen.

Noticias web

29/12/2020