Volve á cadea tras uns días libres en Lugo, por presunto autor de tentativa de violación
Sae da cadea e en cuestión de días un home volve ingresar como presunto autor dun delicto de agresión sexual e doutro de inducción á prostitución. Ocorreu en Lugo e a vítima, supostamente, é a súa parella.
O xuíz do xulgado de instrucción número tres de Lugo ordenou o ingreso no cárcere dun cidadán romanés de 38 anos de idade, sen domicilio coñecido, tras tomarlle onte declaración.
Está acusado dun delicto de agresión sexual e doutro de inducción á prostitución. A súa moza, de nacionalidade española, presentara denuncia na comisaría de policía esta mesma semana.
O home levaba apenas uns días ceibo. Estaba en prisión preventiva porque se viu involucrado nun caso de suposto abuso sexual, no mes de decembro.
Unha muller denunciou que se despertara nun hostal de Lugo en compañía de dous homes e non lembraba como chegou alí.
Inicialmente sospeitouse que fora intoxicada con burundanga. Unha analítica descartou a presencia desta sustancia no corpo da vítima e o xuíz ordenou a saída da cadea. Agora volveu ingresar no centro penitenciario de Bonxe.