CRTVG

Buscar

Voluntarios limpan as praias coruñesas con motivo do Día Mundial dos Océanos

Publicado o 08/06/2021 20:30


Uns 300 voluntarios realizaron esta tarde traballos de limpeza nas praias urbanas coruñesas. Esta actividade, con motivo do Día Mundial dos Océanos, pretende concienciar e poñer en valor a importancia do respecto á contorna e ao medio ambiente. Os organizadores da iniciativa lembran que en cada campaña retíranse todo tipo de obxectos, sobre todo de material plástico, ao que hai que engadir este ano ducias de máscaras. Recordan tamén que todo este lixo vai parar ao mar, se non o remediamos.

Noticias web

08/06/2021