Voluntarios da Cruz Vermella percorren as rúas para ofrecer recursos á xente que dorme na rúa
Publicado o 29/01/2021 19:54
Máis de 30 persoas dormen ao raso cada noite en Ourense. Para achegarlles café quente, alimentos e mantas, traballadores da Cruz Vermella e voluntarios percorren as rúas todos os días.
É un programa financiado pola Xunta que desenvolven nas sete cidades galegas co que ademais os acompañan e ofrécenlles recursos.
Coke ten 34 anos e leva xa demasiados vivindo na rúa coa súa compañeira.
A pandemia é outro risco máis engadido para a xente que viven na rúa, no 2020 atendenderon en Ourense unhas 250.
E para romper estigmas, dende a Cruz Vermella din, a calquera persoa pode darlle un golpe duro a vida e estar nesta situación.