Voluntarios da asociación "Somos Unidos" acompañan aos enfermos oncolóxicos no Hospital de Lugo
Publicado o 12/01/2019 15:02
Se os tratamentos médicos xa de por si resultan un trastorno, cando un está enfermo aínda se complican máis. En Lugo, desde esta semana os enfermos de oncoloxía contan cunha rede de axuda.
A asociación Somos unidos polo cancro acaba e pór a disposición dos doentes un servizo de acompañamento que favorece realizar as xestións.
Deste xeito, o enfermo declina no acompañante a realización dos trámites. O servizo funciona a diario. Os voluntarios agardan no hospital e se o médico demanda a súa intervención, acoden para axudar ao doente.
Cinco persoas forman parte de momento deste servizo de voluntarios que ofrece a asociación, creada hai catro anos coa intención de atender ao enfermo oncolóxico e as súas familias.