CRTVG

Buscar

Vodafone pechará todas as súas tendas en España

Publicado o 28/09/2021 19:57
Vodafone pechará todas as súas tendas en España

Vodafone pechará todas as súas tendas propias en España. A medida afectará 34 establecementos, dous deles en Galicia. A compañía telefónica comunicóullelo aos sindicatos no marco das negociacións para aplicar un expediente de regulación de emprego.

Vodafone propón despedir 509 traballadores, 6 menos ca na primeira proposta. Os representantes sindicais cualificaron de rañas a oferta da empresa e auguraron unha negociación difícil.

Noticias web

28/09/2021