CRTVG

Buscar

Vivendas dunha parroquia de Cambados levan catro días sen auga

Publicado o 24/05/2021 14:38

Vivendas dos lugares de Santo Antón, a Xesteira e Cuíña, na parroquia cambadesa de Vilariño, levan catro días sen subministración de auga. Son os lugares do concello situados a maior altura. Nalgunhas casas chegan unha pingas que son claramente insuficientes.

Quen ten pozo vaise apañando para os baños ou o aseo persoal. Pódese usar para certas cousas, pero esa auga non é potable. Pero hai vivendas que non teñen servizo ningún. Reclaman unha solución axiña. 

 

Noticias web

24/05/2021