CRTVG

Buscar

Viveiro, Foz e Burela encaran o endurecemento das restricións

Publicado o 29/07/2021 14:44

Preto de 35.000 mariñaos estarán baixo as novas restricións. Os tres concellos que pasan ao nivel máximo -Burela, Foz e Viveiro- son dos máis poboados da comarca. Entre os tres suman máis de 600 contaxios, e isto preocupa. 

"Era visto ata que non haxa máis conciencia". "Xa o esperabamos".

A comarca leva xa dúas semanas cun aumento imparable de contaxios. Entre os tres concellos máis afectados achéganse aos 600 casos.

"Hai máis movemento de xente e isto multiplícase". "A xente móvese moito, hai que tomar medidas senón isto vai a máis".

Fixéronse varios cribados entre a mocidade e, a pesar da baixa participación, permitirón destapar máis de medio cento de contaxios, pero o número de contaxios está a bater todas as marcas, e isto preocupa. "A xente está preocupada e xa se foi xente".

Aínda que foron os menos, a maioría segue adiante coas súas vacacións e amósanse tranquilos. "Vimos de Euskadi e alí tamén hai moitos casos, imos con máscara, estamos vacinados, intentamos estar en exterior, estamos tranquilos". "Aquí está moito máis controlado que en Madrid e iso dá tranquilidade".

Cambios para a hostalería, con redución de ocupacións e peche do ocio nocturno.

Ademais da Mariña, a situación tamén preocupa na capital luguesa. Con 589 casos. Nas últimas horas detectáronse na área sanitaria da provincia 153 contaxios máis. Hai 31 persoas hospitalizadas, catro na unidade de coidados intensivos.

Noticias web

29/07/2021