CRTVG

Buscar

Viveiro baixa dos cen positivos e sofre as consecuencias do cuarto peche

Publicado o 06/02/2021 21:09

Este sábado prestaba camiñar por Viveiro. Marea baixa e moitas ganas de tomar o aire nesta terceira vaga que mantivo a poboación de Viveiro illada dende o 28 de decembro

O 21 de xaneiro había 226 positivos. Agora conseguiron baixar dos cen.

A alcaldesa fálanos das consecuencias das medidas extremas.

Deron as seis da tarde e Luis pecha o seu bar. Titulado en hostelería e autónomo. Cre que o seu negocio será unha das vítimas da pandemia.

O desacougo deste autónomo é xeral entre os empresarios de servizos de Viveiro cos que falamos.

Noticias web

06/02/2021