Vitoria de Jorge Prado nas dúas mangas do Grande Premio de España
Publicado o 11/10/2020 14:23
Unha exhibición total. Así foi a primeira carreira deste Grande Premio de España para Jorge Prado. Vitoria incontestable desde a primeira curva. O piloto lucense tivo incluso tempo para recrearse na última volta e amosar a súa satisfacción antes de sobrepasar a liña de meta. Foi unha carreira sen erros para Jorge Prado, a súa terceira vitoria nunha manga no que vai de temporada. Nada máis baixarse da moto, puidemos falar con el. Satisfacción total, pero coa mente xa na segunda carreira.