CRTVG

Buscar

Vitoria das 'guerreiras' de Alicia Fernández contra Francia (25-28)

Publicado o 27/07/2021 16:30
Vitoria das 'guerreiras' de Alicia Fernández contra Francia (25-28)

Vitoria da selección española de balonmán feminino fronte á subcampioa olímpica Francia.

As guerreiras superaron o parcial da primeira metade e, cunha remonta das que fan afección, remataron gañando o primeiro partido nos xogos. No debut perderan contra Suecia 24-31.

A galega Alicia Fernández foi unha das xogadoras máis empregadas por Carlos Viver. Anotou tres tantos.

Paula Arcos, xogadora do Atlético de Guardés, foi tamén das máis empregadas e anotou un gol.

Noticias web

27/07/2021