Visto para sentenza o xuízo contra un veciño de Monforte por un delito de agresión sexual a unha menor
Publicado o 17/09/2020 09:26
En Lugo quedou visto para sentenza o xuízo contra un veciño de Monforte acusado dun delito continuado de agresión sexual a unha menor de 16 anos.
Nel, as dúas psicólogas que atenderon a vítima non puideron concluír a credibilidade da súa declaración, pois padece un alto grao de discapacidade psíquica. Así e todo, os axentes da Policía Científica declararon atopar restos do ADN do agresor e mais da vítima na roupa interior de ambos os dous, que convivían no mesmo domicilio por ser el parella da nai da moza.