CRTVG

Buscar

Visto para sentenza o xuízo contra os tres membros da chamada 'manada de Collado'

Publicado o 24/01/2019 19:24

Visto para sentenza na Audiencia Provincial de Madrid o xuízo contra tres homes acusados de violar a unha muller en Collado Villalba. Son coñecido como a manada de Collado. Os acusados volveron reiterar a súa inocencia na conclusión da vista oral e afirmaron que as relacións sexuais foron consentidas. Din que foi a propia muller a que propuxo os contactos sexuais cos tres. Enfróntanse a unha petición da fiscalía de 15 anos de prisión por agresión sexual. As defensas pediron a absolución por considerar que se trata dunha denuncia falsa motivada por unha posible vinganza. Defenden que a muller quería unha relación seria cun dos acusados que finalmente non puido ser.


 

Noticias web

24/01/2019