CRTVG

Buscar

Visto para sentenza o xuízo contra os catro acusados de agredir un matrimonio por unha débeda

Publicado o 10/07/2019 18:36

Na Coruña quedou visto para sentenza o xuízo contra catro homes acusados de agredir un matrimonio que vendeu a súa empresa a outra cunha carga dun millón de euros para cobrar esa débeda.

Nesta última xornada do xuízo declarou un médico forense e a continuación as partes leron os seus informes. O Ministerio Público que acusaba estes catro homes de pertenceren a un grupo criminal, entre outros delitos, despois de presuntamente participar na agresión a un matrimonio para intentar cobrarlles unha débeda dun millón de euros, modificou as súas conclusións. Pedía para o autor material dos feitos 13 anos e 2 meses de cadea, pero finalmente rebaixou a pena aos catro anos e medio ao aplicarlle as atenuantes de drogadicción, reparación do dano, xa que aboou unha cantidade de 15.000 euros, e a de confesión dos feitos. 

Amais, a fiscalía, que pedía para os outros tres indutores unha pena de once anos de cadea, engadiu para todos eles, polo delito de roubo con violencia, a pena de dous anos e seis meses de prisión.

O xuízo xa quedou visto para sentenza.

Noticias web

10/07/2019