CRTVG

Buscar

Visto para sentenza o xuízo a Cifuentes polo caso Máster

Publicado o 29/01/2021 15:14
Visto para sentenza o xuízo a Cifuentes polo caso Máster

Quedou visto para sentenza o xuízo a Cristina Cifuentes polo caso Máster. A Fiscalía reiterou a súa petición de tres anos e tres meses de cárcere para a expresidenta madrileña por supostamente inducir a que se falsificase a acta do seu traballo final no máster.

E o avogado de Cifuentes retirou unha das probas que presentara: a súa axenda cando era delegada do Goberno, xa que o Tribunal esixía ter acceso a todos os datos, tamén aos persoais.


 

Noticias web

29/01/2021