Visto e prace ao plan estratéxico do polo aeroespacial de Galicia
Publicado o 20/05/2021 15:06
O Consello da Xunta aprobou hoxe o plan estratéxico do polo aeroespacial de Galicia para os vindeiros cinco anos. O Goberno galego cre que o sector dos avións non tripulados axudará á recuperación económica e que podería crear ata 3.000 empregos. A Xunta vai dedicar 70 millóns a apoiar as empresas do sector e impulsar o aeródromo lugués de Rozas.