Visto e prace á Lei de farmacia que regula a venda por Internet e atención a domicilio
Publicado o 07/03/2019 18:21
No que afecta os doentes, esta lei prohibirá a venda de medicamentos por Internet. E permite, en supostos moi concretos, a atención a domicilio do boticario, sempre que o establecemento non quede desatendido.
Canto ás novas concesións, haberá un concurso público previo de traslado ás oficinas vacantes ao que só poderán optar os titulares ou cotitulares dunha farmacia. Se quedan vacantes poderá concorrer calquera boticario. Limitaranse os traslados se afecta a atención en lugares onde só hai unha.
A lei aumentarán as funcións das farmacias dos centros de saúde e hospitais. E prohibirá a cesión de espazos dentro do local para outra actividade e facer agasallos, que non sexan mostras, para captar clientes.