CRTVG

Buscar

Á vista dos datos, o confinamento comeza a percibirse como "inevitable"

Publicado o 02/11/2020 17:23

Á vista de como van os datos, tanto os especialistas coma os cidadáns de a pé teñen claro que un novo confinamento é inevitable.  "Eu creo que si pola tendencia que está levando a enfermidade e por outro lado as medidas que se están poñendo en marcha teñen moi pouca utilidade, como os chamados peches perimetrais", di o epidemiólogo Juan Gestal. 

"Segurísimo! Isto vai a peor", "Creo que é necesario porque non facemos caso de nada", Ti ves noutros países... e isto é unha cadea; segundo ves...", Si, si! Mentalizado, ademais!", din algúns cidadáns.

A diferenza do que se fixo en primavera, o doutor Gestal considera que podería manterse a actividade escolar nos ciclos básicos, pero con outras medidas estritas para dobregar a curva. "Penso que canto antes se faga ademais, mellor", remarca o especialista.

"Xa! Pero ao fío doutros países como Francia ou Inglaterra; un confinamento forte de 14 días", "Canto antes mellor e que a xente non se desmande no Nadal, despois", din algúns dos cidadáns cos que falamos.

A preocupación polo Nadal é tamén outra das cuestións en que fai fincapé o especialista; que aprendamos a lección para o posconfinamento. "Non se fixo ben cando estivemos confinados da vez pasada; saímos antes de tempo; aínda había transmisión comunitaria e non se organizou ben o tema dos restrexos".

"Cada un ten que facerse responsable do que fai e pensar nos demais; non hai máis", conclúe un dos que opinaron sobre a pertinencia de reabrir o confinamento anticovid.

Noticias web

02/11/2020