Visitamos un taller onde fan zapatos artesáns e ecolóxicos
Hai zapatos tan famosos que non precisamos ver quen os calza, zapatos tan recoñecibles coma que os leva nos pés, zapatos protagonistas de cine... ou de bailes memorables. E todos teñen en común que son zapatos únicos.
Comas estes: zapatos feitos á man por unha familia de artesáns que leva trinta anos vestindo pés.
En Melide, na praza do Convento, aínda podemos asistir a ese proceso no taller dos Laia. Alí traballan tres membros da familia.
Un deles é Ramón, que leva no oficio desde que era un rapaz de catorce anos. Os seus son zapatos camiñan canda os tempos e canda os gustos.
Zapatos botas, sandalias... feitos con pel de tenreira e técnicas e tratamentos ecolóxicos. Desde o proceso de curtición vexetal da pel que se fai con codia de árbore durante 20 días.
Zapatos para durar. Montados á man, forrados con pel de la, empalmillados e punteados.
Situados en pleno Camiño, están feitos para andar ou para bailar na punta do pé.