CRTVG

Buscar

Virginia Torrecilla volve adestrarse logo de superar un tumor cerebral

Publicado o 24/03/2021 20:32

 Virginia Torrecilla volvía hoxe aos adestramentos co seu equipo, o Atlético de Madrid, entre os máis que merecidos aplausos das súas compañeiras. Virginia superou un tumor cerebral do que foi operada en maio do ano pasado. A comezos deste mes recibiu a última sesión de quimioterapia. Agora retoma o exercicio físico no ximnasio. A internacional absoluta perdeu doce quilos, pero sóbranlle ganas para volver competir.

Noticias web

24/03/2021