CRTVG

Buscar

Vinteseis usuarios contaxiados na Residencia Aspronaga da Coruña

Publicado o 15/09/2020 08:40

A situación preocupa tamén na residencia de discapacidade Ricardo Baró de Aspronaga de Oleiros, onde se contabilizan 14 novos positivos entre os usuarios que suman xa 26 enfermos. Tamén hai dous traballadores contaxiados.

Nas últimas horas realizouse unha desinfección das instalacións. Ademais, nesta comarca segue activo un caso en Arteixo e outros 30 no centro Orpea de Culleredo. Con todo, onde máis preocupa a situación nas residencias é na provincia de Lugo.

Noticias web

15/09/2020