CRTVG

Buscar

Sancionan vinte mozos por oganizan un 'botellón' nun túnel na Coruña

Publicado o 19/05/2021 13:41
Sancionan vinte mozos por oganizan un 'botellón' nun túnel na Coruña

A Policía Local da Coruña denunciou 20 mozos que participaban nun botellón baixo un túnel da Terceira Rolda. Aparcaron un vehículo dentro do túnel e conectaron un potente equipo de son que emitía música a todo volume.

Os axentes impuxeron unha vintena de denuncias por beber na rúa e saltar a normativa que prohibe as reunións de máis de seis persoas non coviventes. Ademais, sancionaron o propietario do vehículo por infrinxir a nomativa de contaminación acústica.

Noticias web

19/05/2021