CRTVG

Buscar

Vinicius lidera o Madrid para vencer o Liverpool (3-1)

Publicado o 06/04/2021 22:59
Vinicius lidera o Madrid para vencer o Liverpool (3-1)

O Real Madrid impúxose este martes por 3-1 ao Liverpool nun partido de ida no estadio Alfredo di Stéfano en que mostrou a súa mellor versión e neutralizou un conxunto inglés que só tirou unha vez a portería, polas seis do conxunto branco.

O alemán Toni Kroos colleu o mango do partido na primeira metade e con senllos pases longos ás costas da defensa red orixinou os dous tantos. O primeiro, do brasileiro Vinicius Junior no minuto 27 e o segundo de Marco Asensio, o cuarto consecutivo, no minuto 36 aproveitando un mal despexe de Trent Alexander-Arnold.

O Liverpool tentou reaccionar tras o descanso e meteuse na eliminatoria no seu primeiro disparo a porta, obra do exipcio Mohamed Salah no minuto 50, pero Vinicius puxo o 3-1 definitivo aproveitando a pasividade defensiva dos ingleses nun saque de banda no 65.